Thursday 16 de May de 2024

Inés Rey participa nas Xornadas de Dereito de Familia en Afundación


Participación da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, nas VI Xornadas de Dereito de Familia. Este encontro está organizado de xeito conxunto polo Colegio de Abogados de A Coruña e o Consello da Avogacía Galega. Inés Rey destacou o papel da cidade como “capital xurídica de Galicia” e eloxiou o programa das xornadas, composto de diferentes cuestións moi de actualidade como a Violencia de Xénero.